miércoles, 20 de diciembre de 2017

NOTA DE FIN DE TRIMESTRE

Estimadas familias!
Mañá celebraremos unha festa de Nadal na nosa clase. Os nenos que poidan traerán algo para a merenda típico destas datas para compartir cos compañeiros.
Para a nosa actuación non é necesario traer vestimenta específica,aínda que poden adaptarse aos seus personaxes segundo o video.
Aproveto esta nota para decirvos que o Nadal ten moitos días e que temos tempo para todo.Aínda que non mandamos deberes ,cadaquén sabe o que necesita practicar. Podemos aproveitar para ler moitos contos,escribir postais de Nadal, receitas de cociña,listas da compra,diario das nosas vacacións,.... facer algunhas sumas e restas,.....Eses traballos que fagades podedes traelos a volta para revisar.
Non vos olvidedes que os nenos tamén necesitan desconectar...así que sobre todo que xoguen,disfruten e se aproveiten dos pequenos bós momentos de cada día...
Aproveiro tamén para contarvos que xa puxemos en marcha o blog da clase: http://losfelicesferocesdemeicende.blogspot.com.es
Pouco a pouco iremos engadindo as actividades que facemos na clase e máis páxinas para repasar algúns contidos e xogos variados.
Sen máis vos desexo a todos un Bó Nadal e vémonos en xaneiro.
Unha aperta

Natuska

No hay comentarios:

Publicar un comentario