jueves, 31 de mayo de 2018

Voz Natura é unha gran festa....

Este sábado día 2 de xuño celébrase un ano máis a fiesta de Voz Natura....espectacular xornada para toda a familia no recinto da Universidade Laboral en Acea de Ama ....
Entre moitas actividades hai unha exposición dos proxectos levados a cabo por moitísimos centros educativos de toda Galicia,entre eles o noso,que participamos cun proxecto sobre a auga,levado a cabo ao longo deste  curso.....









miércoles, 30 de mayo de 2018

Correlingua 2018

O día 4 de maio celebramos o CORRELINGUA 2018 Xunta con miles de alumn@s de moitos coles da provincia para reivindicar o uso da lingua galega....
Camiñamos,xogamos,cantamos e bailamos un montón....
“Que a lingua non pare,non pare, ouuuuu
que a lingua non pare,os ieaaaaa”



miércoles, 23 de mayo de 2018

martes, 22 de mayo de 2018

Abraham Cupeiro no noso cole

O mércores celebramos o día das Letras Galegas por todo o alto....tivemos  a gran sorte de recibir a visita de Abraham Cupeiro, estupendo músico,luthier e unha persona que transmite o seu amor pola música de tal xeito que contaxia a calquera que se lle poña  diante.....GRAZAS !!!








Celebramos o día das Letras Galegas cos nosos padriños e madriñas lectores

Na nosa clase celebramos o día das Letras Galegas por anticipado. Os nosos compañeiros de 5º A que nos apadriñaron no día do libro viñeron á nosa clase a contarnos un conto de Maria Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano.
Grazas compañeiros por facernos disfrutar tanto!


jueves, 10 de mayo de 2018

Arteixo Innovación e Ciencia

Mañá venres 11 de maio tedes unha ocasión moi especial de xogar e experimentar coa ciencia...
O Concello de Arteixo ten preparado unha xornada  fantástica . Animádevos!



Fumos piratas na biblio de Meicende

Hoxe pasamos unha mañá moi divertida na biblio de Meicende.Grazas Lídia,Raquel e Rosa por inculcarnos ese cariño polos libros....